31/10/2026
Xa tiña ganas de ensinarvos a miña nova web.
Cambian o deseño, as cores, as seccións e a maneira de percorrer o meu traballo. Apetecíame darlle unha volta a todo e ter un espazo no que me recoñecese máis, coa obra persoal, as vodas e os encargos mellor organizados.
E botádelle un ollo á tenda, onde podedes mercar obra miña. Fotografías para a vosa casa, para o voso espazo de traballo ou para regalar. Se algunha vos gusta especialmente, agora podedes facervos con ela directamente desde a web.
Neste vídeo ensínovos un pouco como quedou todo. De momento a web está en castelán, pero tamén estará en galego.
Hai unha novidade que me emociona especialmente: un apartado para que me contedes a vosa historia. Ás veces un proxecto fotográfico comeza cunha conversa, con alguén que che fala dunha persoa, dun lugar ou de algo que está a piques de desaparecer. Gustaríame que este espazo servise para coñecer historias ás que doutro xeito quizais nunca chegaría, e das que poidan nacer futuros proxectos.
Estou impaciente por saber que vos parece. Despois de tantas voltas, apetece moito vela cos ollos dos demais e escoitar as vosas impresións.
E se ao visitala pensades en alguén a quen lle poida interesar, facédella chegar. Quen sabe o que pode saír de aí.
Atoparedes o enlace no meu feed