Criss Becerra Fotografía

Criss Becerra Fotografía Fotografía Social, Producto y Eventos

26/07/2026
Hai momentos nos que a fe, a familia e a tradición camiñan da man. 🤍No Día do Corpiño, esta pequena viviu un dos días má...
18/07/2026

Hai momentos nos que a fe, a familia e a tradición camiñan da man. 🤍

No Día do Corpiño, esta pequena viviu un dos días máis especiais da súa vida: o seu bautizo.

Entre a luz que enchía a igrexa, as miradas cheas de tenrura e os pequenos xestos que só acontecen unha vez, escribiuse unha historia que permanecerá para sempre na memoria da súa familia.

Fotografar un bautizo é moito máis que documentar unha celebración.
É gardar para sempre a emoción, o amor e a ilusión dun día irrepetible.

Grazas por confiar en min para contar a vosa historia. 🤍

18/07/2026
Hai sesións que son especiais desde antes de comezar.Porque detrás da cámara non sempre hai só unha fotógrafa. Ás veces ...
09/07/2026

Hai sesións que son especiais desde antes de comezar.

Porque detrás da cámara non sempre hai só unha fotógrafa. Ás veces tamén hai unha amiga, unha persoa que viu medrar unha familia e que se emociona ao ver como chega unha nova xeración.

Amaya púxomo moi doado. Eses olliños curiosos, ese sorriso tan doce e esa tranquilidade fixeron que a sesión voase.

Grazas por confiar en min unha vez máis. É unha sorte enorme poder regalarvos recordos que algún día ela verá e entenderá canto a queriades desde o primeiro momento. ❤️

Babel Ba que nena máis bonita fixestes😘

Hai infancias que cheiran a herba mollada, a pedra vella e a liberdade. 🌿Medrar entre hórreos, hortas e camiños é un pri...
08/07/2026

Hai infancias que cheiran a herba mollada, a pedra vella e a liberdade. 🌿
Medrar entre hórreos, hortas e camiños é un privilexio. Hai lugares que nos ensinan quen somos e fotografías que fan que nunca o esquezamos.

Gústame fotografar estas historias nas horas previas á cerimonia da comuñón. Nese intre no que o tempo parece deterse, onde aínda non existen as présas e cada mirada, cada recuncho e cada abrazo teñen un valor especial.

É aí onde nacen as imaxes máis sinceras. Unha pequena homenaxe ás nosas raíces, á infancia e á Galicia que levaremos sempre connosco. 🤍

Graciñas Nieviñas Ghraña por deixarme retratarvos

☀️ Horario de verán | Do 1 de xullo ao 31 de agosto ☀️Durante os meses de xullo e agosto, este será o noso horario de at...
30/06/2026

☀️ Horario de verán | Do 1 de xullo ao 31 de agosto ☀️
Durante os meses de xullo e agosto, este será o noso horario de atención:
🕤 De luns a venres: 09:30 - 14:00
📅 As tardes serán baixo cita previa, para sesións fotográficas e atención personalizada.
📦 Se precisas recoller algún traballo ou realizar algún tipo de sesión fóra deste horario, ponte en contacto connosco con antelación e buscaremos a mellor opción para atenderte.
📞 Reservas e información: 670 853 647
💛 Grazas por seguir confiando en Criss Becerra Fotografía para gardar os vosos momentos máis especiais. Desexámosvos un moi feliz verán! 📸🌿
Buño Carballo SesiónsFotográficas CitaPrevia FotografíaFamiliar Comunións Bodas Retratos

✨ Nai e filla ✨Facer este tipo de retratos é moito máis que sacar unha fotografía. É dedicar un intre a parar o tempo, a...
11/05/2026

✨ Nai e filla ✨
Facer este tipo de retratos é moito máis que sacar unha fotografía. É dedicar un intre a parar o tempo, a compartir unha mirada, unha aperta e deixar gardada para sempre esa conexión tan especial entre nai e filla. 🤍
E cando esas imaxes pasan ao branco e negro, todo cobra unha forza diferente. Desaparecen as distraccións e queda só o esencial: a emoción, a complicidade e o amor verdadeiro. 🖤
O branco e negro ten esa capacidade de converter un instante nun recordo atemporal, deses que co paso dos anos seguen emocionando igual ou incluso máis. Porque ao final, o valor destas fotografías non está só en como se ven hoxe, senón en todo o que significarán mañá.
As persoas cambian, o tempo pasa… e por iso é tan importante facer fotografías. Para conservar momentos, historias e vínculos que merecen quedar para sempre. ✨
MomentosParaSempre LembranzasQueQuedan

Un instante pode conter toda unha historia.“The Last Kiss” foi nomeada nos Fine Art Photography Awards na categoría de S...
13/04/2026

Un instante pode conter toda unha historia.

“The Last Kiss” foi nomeada nos Fine Art Photography Awards na categoría de Street Photography.

Unha imaxe sobre emoción, conexión e ese segundo que desaparece para sempre.

Grazas por estar aí, formando parte deste camiño 💛



Fine Art Photography Awards

✨ Hai miradas que o din todo… e conexións que se senten para sempre 🐾💛Capturar estes momentos é moito máis ca facer unha...
13/04/2026

✨ Hai miradas que o din todo… e conexións que se senten para sempre 🐾💛

Capturar estes momentos é moito máis ca facer unha foto: é conxelar ese amor puro, esa complicidade única entre eles.

Porque medrarán, cambiarán… pero este recordo quedará para sempre 📸

💫 Gustaríache ter un recordo así de especial co teu peque e o seu mellor amigo?

Dirección

Rúa Poñente, 28 Baixo
Carballo
15100

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Martes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00

Teléfono

+34670853647

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Criss Becerra Fotografía publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Criss Becerra Fotografía:

Atajos

Compartir

Categoría