Jennifer Jiménez Fotografía

Jennifer Jiménez Fotografía • Técnica en educación infantil
• Fotógrafa en xénero familiar

17/07/2026

Baldaio non pode esperar máis.

Hoxe centos de persoas xuntámonos para pedir unha solución urxente ao peche da canle da ría. A acumulación de sedimentos está impedindo a entrada da auga do mar, alterando o equilibrio natural deste espazo protexido e provocando xa consecuencias ambientais, como a mortaldade de peixes e marisco.

Máis alá das diferenzas políticas, hai algo que debería unirnos a todos: a defensa do noso patrimonio natural. Baldaio é parte da nosa identidade, da nosa paisaxe e do noso futuro.

Oxalá este acto simbólico sirva para que quen ten a responsabilidade de actuar o faga antes de que o dano sexa irreversible.

💙 Porque defender Baldaio é defender a nosa terra.

08/05/2026

Normalmente en redes só vedes o resultado final 📸✨pero detrás de cada sesión hai moitas horas de traballo que non se ven: limpar, ordenar, preparar cada detalle e deixar o estudo listo para recibirvos como merecedes 🤍

E sinceramente… a min tamén me gusta ensinar esta parte do proceso 🫶🏻

Sodes máis de ver o resultado final ou tamén vos gusta ver o "detrás de cámaras"? 👀

03/05/2026

Hai fotos que gardan momentos.
E hai outras que gardan etapas enteiras da nosa vida 💖

Este ano quixen crear, coa axuda de , un regalo para o Día da Nai que non quedase nun caixón nin nunha estantería “para decorar”. Quería algo vivo. Algo que medrase co tempo, igual que medran eles.

Así naceu o noso Marco Evolutivo ✨
Un marco de madeira, co “MAMÁ” gravado, pensado para acompañarvos durante anos.

Dentro poden gardarse ata 16 fotos diferentes.
16 recordos.
16 instantes que merecen quedar preto.

Porque hoxe a túa favorita pode ser esa na que aínda che collía no colo…
pero dentro duns meses será outra.
E despois outra máis.

Porque a maternidade cambia cada día.
E as fotos tamén teñen dereito a evolucionar con ela 🤍

Este marco está pensado para iso:
para cambiar as imaxes cando sintas que unha nova etapa merece ocupar o seu lugar.
Para revivir momentos.
Para volver mirar unha foto antiga e pensar: “non me acordaba do pequeniño que era”. 🥹

E aínda así… sabemos que sempre hai unha foto que nunca sae do marco.
Esa que che toca algo por dentro.
A que che fai parar un segundo cada vez que pasas por diante.

Neste Día da Nai quero felicitar a todas esas mamás que viven facendo maxia no silencio.
As que dan abrazos sen pedir nada a cambio.
As que gardan debuxos, primeiros dentes, roupa pequena… e agora tamén gardarán recordos nun marco que irá cambiando con elas 🌷

Porque o tempo pasa moi rápido.
Pero unha fotografía ten o poder de facelo eterno.

Feliz Día da Nai ás que xa o son, ás que están empezando, ás que soñan con selo e ás que levan aos seus fillos sempre no corazón 💖

24/04/2026
Hoxe é un día especial ✨Porque é o aniversario de miña nai… e porque, sen ela darse conta, regaloume un dos recordos mái...
06/04/2026

Hoxe é un día especial ✨

Porque é o aniversario de miña nai… e porque, sen ela darse conta, regaloume un dos recordos máis bonitos que teño.

Ela nunca quere facer fotos. Di que non se ve guapa. Pero eu míroa… e só vexo todo o contrario.

Aproveitei que veu ao estudio, case sen avisar, e fíxenlle unhas fotos rápidas no decorado do Día da Nai. Sen presión. Só ela, sendo ela.

E aquí está.
Esta muller que ás veces dubida… pero que para min sempre foi luz.

Dende que papá marchou en 2016, aprendín algo moi claro: non hai momento pequeno cando se trata de gardar recordos.

Hoxe non só celebro o teu aniversario, mamá.
Celebro poder seguir tendo estes anacos de vida contigo 💛

Feliz vida. Grazas por tanto.
E si… estás guapísima. Sempre.

Se ti tamén tes a alguén que sempre di “non me gustan as fotos”… quizais esta é a sinal para facerllas igual 🤍

Dirección

Carballo
15100

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Martes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Jennifer Jiménez Fotografía publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría