Disparo Digital

Disparo Digital O seu primeiro proxecto relacionando imaxe e educación, foi realizando un voluntariado nese país con rapaces da “rúa”. www.facebook/cineclublumierevigo

O autor desta páxina e das actividades fotográficas realizadas no cineclub vense formando de forma autodidacta e realizando diferentes obradoiros; empezando na USC onde estudiou Psicoloxía, e xunto con fotógrafos internacionais principalmente en Estonia onde residiu durante varios anos. Ao longo dos anos vividos no Báltico, estivo vinculado aos eidos da educación e a fotografía, realizando varias

exposicións individuais en Estonia, comisionadas pola embaixada de España, e en Polonia –Poznan e Varsovia-, comisionadas pola embaixada de Estonia en Polonia. Ten publicado un libro de fotografía sobre este país, e realizado proxectos de fotografía documental, arquitectónica, de divulgación científica e fotografía de viaxes. Actualmente combina a organización no cineclub dos obradoiros de iniciación á fotografía dixital, de composición fotográfica e de edición fotográfica, cos seus proxectos fotográficos personais vinculados á educación e á fotografía artística e documental, e coa xeración de actividades que permitan do goce da fotografía como medio de comunicación e expresión en grupo. O Cineclube Lumière é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que foi creada en 1993 por un grupo de persoas de diferentes profesións co fin de incorporar á cidade de Vigo outra canle cultural e unha distribución estable de cine de calidade inexistente até ese momento; outro xeito de ver o cine e convertir á cidade nun lugar de referencia nos circuítos dos festivais internacionais. O cineclub organiza en Vigo unha seleción mensual de filmes en versión orixinal que, ao longo de dez meses ao ano, os luns de cada semana, permite o visionado de películas que se ven privadas dos cauces habituais de distribución. Filmes que se teñen selecionado nos festivais de cine máis prestixiosos do mundo. Entre as actividades levadas a cabo caben destacar, no eido estrictamente cinematográfico as colaboracións estables con numerosas entidades de Vigo, promotoras da cultura, a educación, e a integración social e vecinal. Entre outras, as Concellerías de Xuventude, de Educación, ou de igualdade e Muller, a Universidade de Vigo, a Escola Oficial de Idiomas, o MARCO (museo de arte contemporánea de Vigo), diversas Asociacións veciñais, entidades coma a Alianza Francesa ou o Colexio de Arquitectos de Vigo, e a obra socio-cultural de Caixanova e Caixagalicia (actualmente Nova Galicia banco). Tamén realizamos exposicións e obradoiros relacionados co audiovisual como é o caso desta iniciativa de obradoiros de fotografía.

Os que formamos parte de revista cultural e de ocio A Movida. Onte na presentación da primeira edición impresa.
06/09/2018

Os que formamos parte de revista cultural e de ocio A Movida. Onte na presentación da primeira edición impresa.

Encantadas estamos ❤ foto de todos os que formamos parte de A Movida na festa de presentación da revista! GRAZAS!

Esta noite de sábado, teremos a ocasión de fotografar a fervenza de Ézaro iluminada con xogo de luces!!
06/09/2018

Esta noite de sábado, teremos a ocasión de fotografar a fervenza de Ézaro iluminada con xogo de luces!!

As andainas e encontros fotográficos teñen como propósito aprender e disfrutar en grupo da fotografía, en contextos e localizacións especialmente fotoxénicos cun valor cultural, etnográfico ou natural. Compartindo e resolvendo [...]

O obradoiro pretende introducir aos participantes de xeito lúdico e práctico no mundo da fotografía por medio de diferen...
10/08/2018

O obradoiro pretende introducir aos participantes de xeito lúdico e práctico no mundo da fotografía por medio de diferentes actividades en torno a imaxe, a cor, a luz, e as funcións das súas respectivas cámaras. Adquirindo conceptos básicos de fotografía, os nen@s aprenderán a manexar unha cámara con máis soltura potenciando o seu “ollo fotográfico” e creatividade.

Un obradoiro intensivo e práctico co obxectivo de adquirir nocións básicas de fotografía dixital, aprendendo a manexar c...
10/08/2018

Un obradoiro intensivo e práctico co obxectivo de adquirir nocións básicas de fotografía dixital, aprendendo a manexar con máis soltura a cámara, practicando co uso das súas funcións máis avanzadas e a exposición manual, e introducíndonos en aspectos da fotografía como a composición, a profundidade de campo ou o manexo do tempo nas escenas con movemento ou pouca luz.

Actualizamos a información dos obradoiros fotográficos que se realizarán na segunda quincena de agosto en Navia na asoci...
07/08/2018

Actualizamos a información dos obradoiros fotográficos que se realizarán na segunda quincena de agosto en Navia na asociación Novo Vigo www.facebook.com/avv.novovigo/

Para adultos e menores a partir de 15 anos.
Do 21 ao 30 de agosto

Actualizamos a información dos obradoiros fotográficos que se realizarán na segunda quincena de agosto en Navia na asoci...
07/08/2018

Actualizamos a información dos obradoiros fotográficos que se realizarán na segunda quincena de agosto en Navia na asociación Novo Vigo www.facebook.com/avv.novovigo/

Para menores de 8 a 14 anos.
Do 20 ao 31 de agosto

Invítovos a visitar esta exposición fotográfica realizada polo museo Massó e que podedes ver no Museo do Mar de Galicia,...
03/08/2018

Invítovos a visitar esta exposición fotográfica realizada polo museo Massó e que podedes ver no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, ata o 31 de agosto

Aquí tedes o meu artigo sobre a exposición, e a realización das fotografías para esta exposición, e no meu caso para un traballo persoal relacionado coa memoria e o paso do tempo

A exposición A carpintería de ribeira. A fráxil beleza dun oficio seleccionou unha instantánea do fotógrafo vigués Fernando Laconde

Unha oportunidade para coñecer e fotografar esta zona de espectaculares paisaxes e augas termais con un importante valor...
01/08/2018

Unha oportunidade para coñecer e fotografar esta zona de espectaculares paisaxes e augas termais con un importante valor arqueolóxico, histórico e etnográfico.
Compartindo e resolvendo as dúbidas que xurdan sobre o uso das cámaras, a composición e a toma fotográfica, nun entorno privilexiado.

A reserva da biosfera do Xurés é un deses lugares únicos onde a súa beleza paisaxística e valor natural se lle suma a súa importancia arqueolóxica e etnográfica. Atravesando a [...]

A nosa andaina fotográfica na revista A MovidaUnha oportunidade para coñecer e fotografar esta zona de espectaculares pa...
31/07/2018

A nosa andaina fotográfica na revista A Movida
Unha oportunidade para coñecer e fotografar esta zona de espectaculares paisaxes e augas termais con un importante valor arqueolóxico, histórico e etnográfico.
Compartindo e resolvendo as dúbidas que xurdan sobre o uso das cámaras, a composición e a toma fotográfica, nun entorno privilexiado.

A reserva da biosfera do Xurés é un deses lugares únicos onde a súa beleza paisaxística e valor natural se lle suma a súa importancia arqueolóxica e etnográfica. Atravesando a [...]

Este agosto, obradoiros fotográficos en Navia.Grupos para nen@s e para xoves e adultos Do 30 de xullo ao 10 de agosto e ...
24/07/2018

Este agosto, obradoiros fotográficos en Navia.
Grupos para nen@s e para xoves e adultos
Do 30 de xullo ao 10 de agosto e do 20 de agosto ao 31 de agosto

Y volvemos con los talleres fotográficos de verano en Vigo, "Un verán de fotos" para menores y adultos.Talleres intensiv...
20/07/2018

Y volvemos con los talleres fotográficos de verano en Vigo, "Un verán de fotos" para menores y adultos.

Talleres intensivos para adultos para iniciarte en la fotografía digital y aprender un poco mejor a manejar tu cámara y adquirir nociones fotográficas básicas.
Y talleres para niños donde aprender practicando y divirtiéndose con la fotografía.

En Navia, a lo largo de agosto programamos varios talleres...

Dirección

Vigo

Teléfono

+34697350836

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Disparo Digital publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Disparo Digital:

Compartir

Categoría