Agrupación Fotográfica Galega

Agrupación Fotográfica Galega Somos a Agrupación fotográfica galega.

Mercadillo Fotográfico – Última oportunidade para anotarse!Na edición especial do ### Maratón Fotográfico queremos dar u...
01/09/2026

Mercadillo Fotográfico – Última oportunidade para anotarse!

Na edición especial do ### Maratón Fotográfico queremos dar unha segunda oportunidade para participar no Mercadiño Fotográfico, que se celebrará o domingo 4 de outubro na cafetería UF (Café UF/ Negra Sombra Blues 1983 - 2021 ), acompañado de música en directo.

Desde hoxe e ata o 8 de setembro podes inscribirte se tes traballos fotográficos, proxectos con impresións especiais ou técnicas particulares, ou se, ademais, contas con material fotográfico variado que che gustaría poñer á venda. Este é o teu espazo.

Para inscribirte, envíanos un email a [email protected] co asunto “mercadillo ### MF” e inclúe:
• O teu nome
• Unha breve explicación do teu proxecto
• Ligazóns para ver o teu traballo ou algunha captura das túas fotografías

As persoas que xa contactastes na primeira convocatoria non é necesario que escribades de novo: xa temos os vosos datos rexistrados.

Estamos a pechar a organización final e pronto compartiremos máis detalles.

Agardamos contar contigo nesta edición especial.

30 anos capturando momentos. 80 anos facendo historia.O ### Maratón Fotográfico chega cun programa especial:• Charlas pa...
28/08/2026

30 anos capturando momentos. 80 anos facendo historia.

O ### Maratón Fotográfico chega cun programa especial:
• Charlas para aprender e inspirarse
• Concertos para celebrar a fotografía como cultura
• Mercadillo fotográfico para compartir obras e material
• Premios para todas as categorías, incluíndo xuvenil e infantil

Este ano queremos que formes parte desta edición única.

As inscricións abrirán moi pronto: revisa a ligazón na nosa bio.

Únete ao Maratón Fotográfico máis especial da nosa historia.

Trinta anos celebrando a nosa paixón.Trinta edicións dun Maratón Fotográfico que medrou con nós, que nos inspirou, que n...
20/08/2026

Trinta anos celebrando a nosa paixón.

Trinta edicións dun Maratón Fotográfico que medrou con nós, que nos inspirou, que nos uniu a todas as persoas que amamos a fotografía e a súa capacidade de capturar o mundo nun instante.

Este camiño non sería posible sen o apoio constante e a confianza dos nosos colaboradores. Grazas por acompañarnos, por crer neste evento e por facer realidade cada unha destas trinta edicións.

Grazas, Concello de Vigo, imprimeverde , Labográfico , Gadis , Óptica Studio, Woodtown e REI ZENTOLO , por formar parte da historia do Maratón Fotográfico.

Este ano, na ### edición do Maratón Fotográfico, a gráfica vén da man do  .  E claro, se o Reizentolo mete a súa arte, a...
07/08/2026

Este ano, na ### edición do Maratón Fotográfico, a gráfica vén da man do .
E claro, se o Reizentolo mete a súa arte, a camiseta non podía ser menos: esta edición tan especial leva o seu selo, a súa retranca e a súa calidade.

Levamos trinta anos facendo isto, así que o proceso xa o deberiades ter máis que aprendido… pero por se acaso: con cada inscrición no Maratón Fotográfico levades unha camiseta de regalo.

Apuntade ben as datas e non vos despistedes: vémonos o 3 e 4 de outubro.

Bo día e feliz venres.Este ano é moi especial para nós: a Agrupación Fotográfica Galega cumpre 80 anos desde a súa funda...
31/07/2026

Bo día e feliz venres.
Este ano é moi especial para nós: a Agrupación Fotográfica Galega cumpre 80 anos desde a súa fundación en 1946, e o Maratón Fotográfico celebra a súa 30ª edición. Xa vos adiantáramos que habería sorpresas… e hoxe presentamos unha das máis importantes.

A AFG acaba de realizar un restyling da marca, actualizando a identidade visual para adaptala á comunicación contemporánea. Seguimos sendo a Agrupación Fotográfica Galega, pero despois de tantos anos moitas persoas xa nos identifican simplemente como AFG. Por iso, a nova logomarca principal será AFG, acompañada da versión completa AFG · Agrupación Fotográfica Galega.

Tamén renovamos as cores corporativas, agora máis próximas e representativas de Galicia. O símbolo gaña presenza e claridade, resolvendo problemas de lectura anteriores. A letra G, inspirada no enfoque dunha lente fotográfica, incorpora unha textura baseada no puntillismo, pensada para garantir unha impresión óptima en todos os formatos.

Durante este ano, veredes tamén unha pastilla conmemorativa do 80 aniversario, que acompañará a comunicación da AFG en diferentes espazos e plataformas, celebrando a nosa traxectoria e o valor da fotografía na cultura galega.

Queremos agradecer a Mak Aguiar o traballo realizado nesta nova imaxe corporativa, que moi pronto veredes aplicada en todas as nosas plataformas.

Este ano vimos con grandes novidades. O Maratón Fotográfico chega á súa 30ª edición e A AFG cumpre 80 anos, así que imax...
27/07/2026

Este ano vimos con grandes novidades.
O Maratón Fotográfico chega á súa 30ª edición e A AFG cumpre 80 anos, así que imaxinade o que estamos a preparar.

A primeira sorpresa xa está aquí: o cartel desta edición vén da man de Reizentolo, cun deseño que leva o seu selo inconfundible. Un traballo co que estamos encantados e que marca o inicio dunha edición que promete ser histórica.

Grazas ao equipo de Reizentolo por aceptar o reto e darlle vida a esta idea.

E a todas e todos vós só vos pedimos unha cousa: gardade a data… e vémonos o 3 e 4 de outubro no Maratón Fotográfico. Esta edición vai ser especial, única e chea de momentos para lembrar e con sorpresas engadidas.

Tamén queremos agradecer ao Concello de Vigo, imprimeverde Labográfico Gadis Optica Studio Woodtown e a todas as persoas que fan posible este evento ano tras ano, axudando a celebrar unha edición tan especial como esta.

Mercadillo Fotográfico – ### Maratón FotográficoNa edición especial deste ano queremos sumar unha nova actividade: un me...
20/07/2026

Mercadillo Fotográfico – ### Maratón Fotográfico

Na edición especial deste ano queremos sumar unha nova actividade: un mercadillo fotográfico que se celebrará o domingo 4 de outubro na cafetería (UF), acompañado de música en directo.

A inscrición é gratuíta e estará destinada principalmente a quen queira vender as súas fotografías. Se, ademais, tes material ou obxectos fotográficos, tamén poderás poñelos á venda e mostrar os teus traballos.

O mercadillo estará centrado en produtos de fotografía.

Poderás inscribirte do 20 de xullo ao 10 de agosto.

Estamos a definir a estrutura final, pero antes necesitamos saber cantas persoas queren participar.

Se tes interese, inscríbete enviando un email a [email protected] co asunto “mercadillo ### MF”.

Agardamos contar contigo.

¡Pintamos con luz na AFG!Fai uns días estivemos na Agrupación Fotográfica Galega (AFG) impartindo un obradoiro moi espec...
23/02/2026

¡Pintamos con luz na AFG!

Fai uns días estivemos na Agrupación Fotográfica Galega (AFG) impartindo un obradoiro moi especial de Light Painting para os gañadores do Premio Infantil do XXIX Maratón Fotográfico.

¿O obxectivo? Ensinar aos máis pequenos que a fotografía non só captura a realidade, ¡tamén pode debuxala! Aquí tedes un resumo da “maxia” técnica de Light Painting!!!
-
¡Pintamos con luz en la AFG!

Hace unos días estuvimos en la Agrupación Fotográfica Galega (AFG) impartiendo un taller muy especial de Light Painting para los ganadores del Premio Infantil del XXIX Maratón Fotográfico.

¿El objetivo? Enseñar a los más pequeños que la fotografía no solo captura la realidad, ¡también puede dibujarla! ¡Aquí tenéis un resumen de la “magia” técnica del Light Painting!!!

Quedan só dous días!Se aínda non te achegaches á exposición do XXIX Maratón Fotográfica, estás a tempo de g***r dunha se...
16/01/2026

Quedan só dous días!

Se aínda non te achegaches á exposición do XXIX Maratón Fotográfica, estás a tempo de g***r dunha selección de imaxes cheas de creatividade, mirada persoal e moita paixón pola fotografía.

Podes visitala no Museo Casa Galega da Cultura, na Praza da Princesa (Vigo). É unha oportunidade perfecta para descubrir o talento da nosa comunidade e deixarche inspirar por historias contadas a través da luz.

Achégate, disfruta con calma e comparte a experiencia.
-
¡Solo quedan dos días!

Si aún no te has acercado a la exposición del XXIX Maratón Fotográfico, todavía estás a tiempo de disfrutar de una selección de imágenes llenas de creatividad, mirada personal y mucha pasión por la fotografía.

Puedes visitarla en el Museo Casa Galega da Cultura, en la plaza de la Princesa (Vigo). Es una oportunidad perfecta para descubrir el talento de nuestra comunidad y dejarte inspirar por historias contadas a través de la luz.

Ven, disfruta con calma y comparte la experiencia.

Última semana para g***r do XXIX Maratón Fotográfico  Se aínda non te achegaches á exposición do XXIX Maratón Fotográfic...
12/01/2026

Última semana para g***r do XXIX Maratón Fotográfico
Se aínda non te achegaches á exposición do XXIX Maratón Fotográfico, este é o momento. Entramos na recta final e non queremos que quedes sen vela.

Podes visitala no Museo Casa Galega da Cultura, na Praza Princesa (Vigo), un espazo perfecto para mergullarte nas miradas, historias e creatividade desta edición tan especial.

Tes ata o domingo 18 para vir e deixarte inspirar.
Non o deixes pasar. Agardámoste.
-
Última semana para disfrutar del XXIX Maratón Fotográfico
Si aún no te has pasado por la exposición del XXIX Maratón Fotográfico, este es el momento. Estamos en la recta final y no queremos que te quedes sin verla.

Puedes visitarla en el Museo Casa Galega da Cultura, en Praza Princesa (Vigo), un espacio perfecto para sumergirte en las miradas, historias y creatividad de esta edición tan especial.

Tienes hasta el domingo 18 para venir y dejarte inspirar.
No lo dejes pasar. Te esperamos.

Dirección

Calle Uruguay, 17/Entresuelo
Vigo
36201

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agrupación Fotográfica Galega publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Agrupación Fotográfica Galega:

Atajos

Compartir

Categoría