Fotógrafas pioneiras

  • Home
  • Fotógrafas pioneiras
Directions Website Contact the business

Fotógrafas pioneiras Biografías de fotógrafas pioneiras.

16/08/2026
O pasado mércores, día 1 de xullo, presentouse no auditorio do Concello de Vigo o documental “Mary Quintero. Máis de 90 ...
05/07/2026

O pasado mércores, día 1 de xullo, presentouse no auditorio do Concello de Vigo o documental “Mary Quintero. Máis de 90 anos de creatividade”, baixo o guión e a dirección de María Ojea e a produción de Roberto Quintero.
Toda unha homenaxe á traxectoria de Mary Quintero, a punto de cumprir os 95 anos, e co obxectivo de dar a coñecer a súa figura e o seu traballo fotográfico ás novas xeracións.
https://fotografaspioneiras.wordpress.com/2023/07/08/mary-quintero-1931/

19/06/2026

Unha historia galega da fotografía quedaría incompleta se non se conta coas fotógrafas. Iso pensou a profesora Fernanda Padín Ogando cando creou o blogue 'Fo...

Este mes de xuño, celebramos o aniversario dalgunhas fotógrafas pioneiras. Entre elas, a galega Rosina Pardo, que exerce...
08/06/2026

Este mes de xuño, celebramos o aniversario dalgunhas fotógrafas pioneiras. Entre elas, a galega Rosina Pardo, que exercería en Mondariz Balneario, Pontevedra. O día 5 deste mes sería o seu aniversario e cumpriría 128 anos.
https://fotografaspioneiras.wordpress.com/2023/05/08/luisa-pardo-campos-1867-1926-e-rosina-pardo-duran-1898-1987/

Fora de Galicia, temos a primeira pioneira fotógrafa da historia, Anna Atkins, que exercería en Inglaterra. Lembramos o aniversario do seu pasamento nun mes de xuño de 1871, hai xa 155 anos. https://fotografaspioneiras.wordpress.com/2023/11/22/anna-atkins-1799-1871/

Brita Sofía Hesselius, unha sueca de aniversario o día 6, hai xa 225 anos.
https://fotografaspioneiras.wordpress.com/2023/11/23/brita-sofia-hesselius-1801-1866/

Lembramos tamén o 204 aniversario de Clementina Hawarden, nacida en Escocia o día 1.
https://fotografaspioneiras.wordpress.com/2023/12/28/clementina-hawarden-1822-1865/

E por suposto a Julia Margaret Cameron, nacida na India un día 11 deste mes, pero que exerceu a fotografía en Inglaterra. Cumpriría 211 anos.
https://fotografaspioneiras.wordpress.com/2023/12/23/julia-margaret-cameron-1815-1879/

Margarita Miret Medina foi unha das primeiras mulleres fotógrafas profesionais da península, unha figura moi interesante...
14/05/2026

Margarita Miret Medina foi unha das primeiras mulleres fotógrafas profesionais da península, unha figura moi interesante e pouco coñecida como pioneira en España durante o século XIX.

Álbum fotográfico século XIX Margarita Miret Medina foi unha das primeiras mulleres fotógrafas profesionais da península, unha figura moi interesante e pouco coñecida como pioneira en España durant…

O 12 de abril de 1883, hai xa 143 anos, viña a este mundo Imoge Cunningham, unha das fotógrafas pioneiras máis brillante...
01/04/2026

O 12 de abril de 1883, hai xa 143 anos, viña a este mundo Imoge Cunningham, unha das fotógrafas pioneiras máis brillantes e prolíficas de toda a historia da fotografía. Nacida en Portland, Oregón, Estados Unidos, destacou polos seus retratos, imaxes botánicas e paisaxes industrias, ademais de polo amplo traballo de investigación sobre a química da fotografía.

https://fotografaspioneiras.wordpress.com/2024/01/09/imoge-cunningham-1883-1976/

Fotos realizadas por Imoge Cunningham en diferentes anos:
1905. Imoge Ciunningham
1925. Dúas calas
1950. Autorretrato
1960. Manos e Aloes Plicatilis.

Address

Pontevedra

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Fotógrafas pioneiras posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Business

Send a message to Fotógrafas pioneiras:

Shortcuts

  • Want your business to be the top-listed photography service?

Share