09/06/2026
CONTEMOS MULTITUDES
El pasado jueves se presentó en O Vello Cárcere de Lugo la exposición y el libro CONTEMOS MULTITUDES que nace del proyecto Laboratorio Artístico e Creativo do Dano Cerebral Adquirido promovido por Dano Cerebral Galicia.
Confieso que este proyecto me ha tocado profundamente, hasta la médula. Ha sido un auténtico privilegio aprender tantas cosas importantes de la vida con las personas pertenecientes a las asociades de Alento en Vigo, Dano Cerebral Santiago de Compostela, Dano Cerebral A Coruña, Dano Cerebral Lugo y DCA Ourense.
Un proyecto muy emocional.
Un proecto importante.
Os dejo algunas fotografías del libro con el acertado diseño de Xaime Fandiño.
Contradígome?
Moi ben, contradígome,
(son grande, conteño multitudes)
Walt Whitman
Vou ata o límite
Vou ata o final,
Vou onde todas as cousas perdidas
velven estar ben.
Bod Dylan
Hai segredos a voces. Segredos que nos interrogan en balde dende o outro lado do espello e aos que só nos atrevemos a mirar de fronte cando a nosa vida dá un xiro e todo aquilo que damos por seguro se disolve e desaparece. É entón cando non nos queda máis remedio que levantar o veo e mirar a nosa propia e absoluta fraxilidade; esa que nos define como persoas. Cando nos enfrontamos á vulnerabilidade máis humana, ábrese paso unha certeza que nos sacode e rumoréanos ao oído todas aquelas palabras que definen o que de verdade é primordial nesta vida que compartimos: a urxencia do importante.
Nesa fraxilidade recoñecémonos nus, desposuídos das crenzas que temos sobre quen somos. Somos as nosas lembranzas? Somos aquilo que podemos facer? Somos un corpo?
Somos un cerebro? Dámonos conta de que ao texto que fomos escribindo sobre nós mesmos se lle borraron as palabras de golpe e que xa só queda un punto e seguido.
Somos ese instante, este instante. E, a cada momento, hai algo que persiste, algo que pertence ao máis profundo do noso ser. Esa esencia que persevera, que se reinventa, que brilla con luz propia. Recoñecémonos sendo outros.
Somos grandes, contemos multitudes; múltiples versións de nós mesmos. A cada instante somos unha posibilidade que nos define por completo.
Estas fotografías son, en realidade, un espello.
Fuco Reyes