16/04/2020
Se no futuro alguén organizase a segunda parte de 🌍, podería esquecer o desafío que hoxe enfrentamos? Cando o tivo que pechar as portas pola emerxencia sanitaria o 13 de marzo, o que os e as galegas comezabamos a vivir conformará un dos relatos imprescindibles da nosa historia.
O día de onte estaba marcado como o remate da exposición de máis éxito da , mais a situación sanitaria obrigou a pechala un mes antes do previsto. Pese a todo, recibira xa nesa data máis de 43.000 visitantes —426 persoas ao día, cifra récord nos rexistros do —.
Sabemos que moitos e moitas quedastes sen vela. Por iso, reabrimos de xeito online as súas portas 👩💻❗️ Queremos convidarvos a una que vos permita percorrer a exposición, g***r das xoias que reúne este proxecto, e tamén atopar contidos audiovisuais extra que enriquecen a experiencia.
Podedes vela premendo aquí 🖱⤵️
https://bit.ly/VisitaVirtual-GaliciaunRelatonoMundo
En resposta á pregunta que moitos nos trasladades de se haberá unha prórroga cando reabra o Museo, lamentablemente non é posible. Existen compromisos coas institucións e coleccionistas prestadoras e, en canto as circunstancias o permitan, as obras regresarán para que poidan ser reincorporadas aos seus proxectos culturais. A Cidade da Cultura, desde a declaración da emerxencia sanitaria, manten contacto con todas elas para garantir que, mentres o regreso das pezas non é posible, permanecen en sala, vixiándose as condicións técnicas (temperatura, humidade…) e de seguridade para garantir a súa conservación nas mellores condicións. Ademais, ampliouse o prazo do seguro ata o 30 de xuño, sen custe adicional.
📍 Galicia un relato no mundo, primeira exposición do
📍 Organizada pola Xunta de Galicia | Cidade da Cultura de Galicia
Coa colaboración do Consello Da Cultura Galega GaliciaAberta Fundación HispanoJudía
📍 Comisariada por Manuel Gago