02/09/2026
📸 𝗩𝗼𝗹𝘃𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝗚𝗼𝗹𝗳𝗮𝗿𝗶𝘇!
Despois da experiencia da pasada primavera, o Roteiro Fotográfico na Ruta dos Muíños de Golfariz regresa cunha nova edición.
O próximo domingo 𝟮𝟬 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 volveremos percorrer este singular enclave de Pardemarín para descubrir a súa paisaxe, o seu patrimonio e a historia que agocha cada recuncho… cámara ou móbil na man.
Unha experiencia pensada para aprender a mirar e fotografar con máis intención, combinando interpretación do territorio, nocións fotográficas e diferentes propostas prácticas ao longo do percorrido.
Non necesitas experiencia previa nin unha cámara profesional.
🗓️ 𝗗𝗼𝗺𝗶𝗻𝗴𝗼, 𝟮𝟬 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼
🕙 𝟭𝟬:𝟬𝟬–𝟭𝟮:𝟯𝟬 𝗵
💶 𝟮𝟱 €
📍 Ruta dos Muíños de Golfariz · Pardemarín, A Estrada
As inscricións xa están abertas!
🔗 Máis información e inscricións: https://f.mtr.cool/v2m4w8yzmh
Unha oportunidade para descubrir que, ás veces, só necesitamos mirar un pouco máis amodo para atopar lugares extraordinarios moi preto de nós.