04/12/2021
Coñecías a historia deste santo con lentes na basílica de Santa María de Pontevedra? A verdade que ten unha historia ben curiosa e que a miudo adotar pasar desapercibido polos visitantes desta basílica. El é San Xerome de Estridón ou como lle chaman alí, o santo con lentes
San Xerome adicouse ao estudo das Sagradas Escrituras e foi o traductor da Biblia do grego e o hebreo ao latín. Na súa honra celébrase o 30 de setembro o Día Internacional da Traducción. Na fachada sae cun león nos seus pes, un crucifixo e unha caveira enriba.
O motivo polo que se lle representa cun león é porque, cando estaba meditando na beira do río Xordán, viu que se lle achegou un león ferido. San Xerome auxiliouno e o animal agradecido, non se quixo separar del. Contan que cando San Xerrome morreu, o león botouse sobre a súa tumba e se deixou morrer de fame. O máis curioso é que o representen con lentes, como para facelo máis erudito, xa que cando el vivía aínda non se inventaran as mesmas.
Toda a info: https://pontevedraviva.com/opinion/2085/jeronimo-santo-gafas-santa-maria/?lang=