26/08/2026
🌿 CAPTURANDO A NATUREZA · Arenteiro Fotográfico 2026
Este setembro volvo formar parte de Arenteiro Fotográfico, no Carballiño, coa miña exposición Capturando a Natureza.
Unha selección de fotografías que nace de algo que cada vez define máis a miña maneira de entender a paisaxe: coñecer os lugares, regresar a eles e aprender a miralos.
📍 Auditorio Municipal Manuel María · O Carballiño
📅 12 de setembro — 30 de outubro de 2026
🥂 Inauguración: 12 de setembro ás 17:30 h
Será un pracer compartir de novo Capturando a Natureza dentro de Arenteiro Fotográfico e, sobre todo, facelo xunto a tantos compañeiros e compañeiras cos que comparto a paixón pola fotografía.
Vémonos no Carballiño!