Natalia Blanco Fotografía

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Natalia Blanco Fotografía Fotógrafa de familia, especializada en recién nacidos.

A luz dos primeiros días de outono ten algo de despedida. Queda na pel, entre o salitre e a última calor do verán.O mar ...
06/10/2026

A luz dos primeiros días de outono ten algo de despedida. Queda na pel, entre o salitre e a última calor do verán.

O mar ao fondo. Vós dous, tan preto. E unha vida pequena medrando dentro.

Hai unha maneira distinta de abrazarse cando entre dous xa latexa o amor de tres.

19/09/2026

Nadal 2025 ❤️
Agora miro estas fotografías e penso no rápido que pasa todo.
Nen@s que este ano estarán un pouquiño máis grandes. Mans que xa non serán tan pequenas. Abrazos que cambiarán. Familias que volverán, pero que xa non serán exactamente as mesmas que hai un ano.
E por iso sempre vos animo a que vos poñades tamén diante da cámara.
Sei que ás veces chegades pensando: “facémoslles unhas fotos aos nenos e nós non saímos”.
Pero para min o Nadal non son só eles.
Sodes vós con eles.
É como vos buscan. Como encaixan no voso colo. Como os mirades mentres rin. Ese abrazo no que agora aínda caben enteiros.
Porque dentro de moitos anos, probablemente esas sexan as fotografías que máis valor teñan.
Non só para vós,tmén para eles.
Estas imaxes son pequenos anacos do Nadal de 2025 de E véndoas agora, téñoo aínda máis claro:
se imos gardar un recordo da súa infancia, que tamén quede nel a familia que os acompañou mentres medraban.
Porque o Nadal pasa,eles medran e nós formamos parte da súa historia. ❤️

Non sabe onde poñer as mans.Non mira á cámara.Non espera a que alguén conte ata tres.Bica sen avisar.Recoñece uns dediño...
09/09/2026

Non sabe onde poñer as mans.
Non mira á cámara.
Non espera a que alguén conte ata tres.
Bica sen avisar.
Recoñece uns dediños cos ollos pechados.
E ás veces queda mirando unha cara diminuta coma se aínda non puidese crer que é súa.
Iso é o que pasa aquí.
Non veñades ao estudio pensando en facer fotos.
Vide estar co voso bebé.
Porque mentres ti pensas que simplemente o estás collendo, eu estou vendo a maneira na que encaixa no teu peito.
Mentres lle falas baixiño, eu vexo como te busca.
E mentres lle das un deses bicos que lle das cen veces ao día, queda gardada unha parte da vosa historia.
Non hai nada que posar cando xa está pasando todo.

Recién nacido " Piel con piel " E se algunha vez imaxinaches unha fotografía así, lembra que non hai nada máis natural c...
02/09/2026

Recién nacido " Piel con piel "
E se algunha vez imaxinaches unha fotografía así, lembra que non hai nada máis natural ca ser casa para o teu bebé.
Antes de saber quen eras, xa sabía volver a ti.
Recoñecíate co corpo. É o seu lugar seguro.
Hai corpos que non se amosan.
Protexen.
Chamámoslle pel con pel porque hai cousas que a roupa non sabe contar.
Non é unha imaxe que todas as nais se atrevan a pedir. Pero moitas veces , é o medo o que vos frena . Medo a non estar cómodas, ou a ese desnudo que non sabes como Vai ser. Pero tranquila, non pode haber nada máis natural.
É das miñas fotografías favoritas.
E eu teño a sensación de que, cando tu te vexas nela, co teu bebé tamén a será .

Hoxe é o Día Mundial da Fotografía.E despois de tantos anos detrás dunha cámara, cada vez teño máis claro que saber face...
19/08/2026

Hoxe é o Día Mundial da Fotografía.
E despois de tantos anos detrás dunha cámara, cada vez teño máis claro que saber facer unha foto e saber mirar non son exactamente o mesmo.
A técnica apréndese.
A luz estúdiase.
A cámara acaba por coñecerse.
Pero despois está a mirada.
E esa é outra historia.
Porque diante da mesma escena, dúas persoas poden ver cousas completamente diferentes.
Eu podo fixarme nunha man que busca outra.
Nunha aperta que dura apenas dous segundos.
Nese pequeno xesto que probablemente ninguén máis estaba mirando.
E ás veces esa fotografía terá movemento.
Ou non será a máis perfecta de toda a galería.
Pero será esa a que consegue contar algo.
Co tempo entendín que a fotografía que máis me importa non é necesariamente a máis perfecta.
É a que leva dentro a mirada da persoa que estaba detrás da cámara.
Porque podemos aprender a facer fotografías.
Pero a forma na que miramos fala de quen somos.
E creo que ahí é onde empeza todo. 🤍

Ás veces decídesme antes dunha sesión:“Xa verás… o meu non para.”E eu penso: menos mal.Porque non quero que pase unha ho...
18/08/2026

Ás veces decídesme antes dunha sesión:
“Xa verás… o meu non para.”
E eu penso: menos mal.
Porque non quero que pase unha hora intentando estar quieto, mirando á cámara ou facendo algo que non lle pertence. Son nenos.
Quero que corra. Que xogue. Que se canse. Que veña buscarvos. Que se olvide de min. E que os recordedes tal e como eran.
Porque probablemente, dentro duns anos, botaredes de menos exactamente iso que hoxe vos preocupa.
E eu quero que tamén quede nas fotos.
Cánsome de decilo. Non me gustan as "fotos perfectas" . Gústame que sexades vos e que sexa o voso momento. Non hai máis
Ofelia Cebrián 🤎

Agora tócame a min facer o que tantas veces vos animo a facer diante da cámara: abrazar forte aos meus, olvidarnos das p...
08/08/2026

Agora tócame a min facer o que tantas veces vos animo a facer diante da cámara: abrazar forte aos meus, olvidarnos das présas e vivir o momento.
Así que durante uns días vou cambiar o ordenador e as edicións por máis abrazos e o traballo por tempo en familia.
Setembro está xa practicamente completo e, á volta, poreime a deseñar a campaña de Nadal. Parece mentira, pero case sen decatarnos... o Nadal xa está ahí, un ano máis.
E mentres tanto, xa empezaron a entrar as primeiras reservas para Xaneiro de 2027. Hai cousas que nunca deixan de sorprenderme.
E a vós só vos vou pedir unha cousa este verán: facede moitas fotos, pero sobre todo... saíde nelas( esto sobre todo vai para vos, mamás )
Que teñades un verán deses que pasan demasiado rápido, cos pés cheos de area, olor a salitre, moitos abrazos e o corazón ben cheo de recordos.
Vémonos en Setembro 🤎

Unha tarde de verán.O vento,a herba nas pernas,as mans agarradas,as carreiras improvisadas...Ese caos pequeno que agora ...
11/07/2026

Unha tarde de verán.
O vento,a herba nas pernas,as mans agarradas,as carreiras improvisadas...
Ese caos pequeno que agora ás veces cansa,
pero que un día vas botar moito de menos.
E non, non tedes que saber que facer.
Non tedes que vir ensaiados.
Non tedes que controlar aos nenos todo o tempo.
Eu estou aí para guiarvos,
para darvos calma,
para axudarvos a esquecer a cámara
e para ver a beleza xusto cando aparece.
Porque unha sesión en familia non vai de que todo saia perfecto.
Vai de que, durante un anaquiño,
poidades ser vós. Olvidarvos de que estades facendo Unha sesión de fotos e disfrutar do momento, do resto encárgome eu

Unha tarde calquera para moitos.Para eles, unha desas que se quedan gardadas para sempre.Baixar á praia, encherse de are...
05/07/2026

Unha tarde calquera para moitos.Para eles, unha desas que se quedan gardadas para sempre.
Baixar á praia, encherse de area,  rir sen mirar a hora, pintar un nome que dentro de pouco ocupará a casa enteira...
A vida ás veces vai tan rápido que esquecemos mirar o que xa está pasando diante nosa.
Unha barriga que medra.
Unha irmá que espera.
Unha familia facendo sitio a unha nova forma de quererse.
E no medio de todo iso, o mar, a area e esa luz bonita que aparece xusto antes de que remate o día.
Non fai falta moito máis. Porque co tempo, o que máis emociona non é a foto perfecta, senón lembrar como se sentía estar aí, xuntos, nese momento.

Non importa cando sintas que é o momento. O importante é que, cando o sexa para ti.Aquí atoparás un lugar seguro onde ga...
28/06/2026

Non importa cando sintas que é o momento. O importante é que, cando o sexa para ti.Aquí atoparás un lugar seguro onde gardar esta parte da túa historia.
A maternidade non sempre segue un plan. O meu traballo tampouco necesita facelo.
Non podo cambiar o teu postparto pero adaptareime á túa historia, aos teus tempos e ao teu bebé. Aquí estarei cando me necesites. 🤎



Dirección

Rúa Vila 134
Insua
27790

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Natalia Blanco Fotografía publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Natalia Blanco Fotografía:

Atajos

Compartir

Categoría