05/08/2026
𝑪𝒖𝒅𝒊𝒍𝒍𝒆𝒓𝒐 𝒔𝒆𝒎𝒑𝒓𝒆 𝒈𝒂𝒓𝒅𝒂 𝒆𝒔𝒂 𝒎𝒂𝒙𝒊𝒂 𝒊𝒏𝒕𝒂𝒄𝒕𝒂. ✨
É a terceira vez que me deixo caer por este recuncho de Asturias e a sensación non muda: fascinación pura dende o primeiro minuto. Nesta ocasión a visita foi case un suspiro, desas de ir e vir a fume de carozo sen poder gozalo todo o que me gustaría. É verdade que o notei cambiado, con novos aires e outro ritmo, pero a súa esencia segue aí, colgada desas ladeiras imposibles sobre o mar.
Para quen non coñeza a fondo a súa historia, ollar Cudillero dende o porto é entender o seu pasado. Este anfiteatro natural de casas de cores vivas non se construíu así por casualidade: a vila creceu de costas á terra e de cara ao Cantábrico, protexida polos cantís. Os seus habitantes, os pixuetos, desenvolveron ao longo dos séculos unha identidade tan marcada que ata tiñan a súa propia dialectoloxía e tradicións únicas, como a arte de secar o peixe ao aire nos beirados das casas (os tradicionais "curadillos").
Aínda que hoxe a pegada do turismo e o paso do tempo vaian transformando a contorna, a alma mariñeira de Cudillero segue ben viva. Un paso rápido nesta viaxe, pero máis que suficiente para confirmar que segue a ser un dos pobos máis magnficos de toda Asturias e ao que, sen dúbida, volverei pronto con máis tempo e a cámara lista.
📸 Fotografía: Vista do anfiteatro dende o porto vello.
📍 Localización: Cudillero, Principado de Asturias.
Se vós tamén visitastes Cudillero ultimamente, notastes eses cambios ou credes que mantén a esencia de sempre? Léovos nos comentarios! 👇