04/07/2026
Proxecto Neo pecha a súa 15ª tempada
O pasado mércores 24 de xuño emitimos o derradeiro programa da 𝟏𝟓ª 𝐭𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨 𝐍𝐞𝐨, a radio educativa do IES Perdouro. Con esta emisión, chegamos ao número 496 e puxemos o punto final a un curso intenso, cheo de entrevistas, aprendizaxes e novas voces.
Felicito as novas incorporacións no equipo da radio tanto no alumnado como no profesorado. Somos un proxecto que continúa medrando ano tras ano.
Para celebrar o remate da tempada, o equipo da radio reunímonos nun xantar de convivencia no que participaron a Masa Coral Modelo Burela, Miruca (coordinadora do programa), Karina (directora técnica de Proxecto Neo), Xavi Mogo e máis Lucía Rivas, a cronista gráfica do proxecto.
Fixemos o mesmo os profes da radio. Foi un momento para compartir lembranzas, facer balance do curso e agradecer o compromiso de todas as persoas que fan posible este proxecto.
Tamén entregamos os diplomas ao alumnado que colaborou durante o curso 2025-2026, recoñecendo o seu esforzo, compromiso e dedicación.
Quero expresar un agradecemento especial ás persoas responsables das distintas seccións que, semana tras semana, enriqueceron a programación: 𝐀 𝐧𝐨𝐭𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐝𝐨 𝐝𝛊́𝐚, 𝐀 𝐩𝐚𝐥𝐚𝐛𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐦𝐞𝐬 𝐞 𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐧𝐚 𝐡𝐢𝐬𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚 𝐜𝐨𝐨𝐫𝐝𝐢𝐧𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐩𝐨𝐫 𝐒𝐨𝐧𝐢𝐚 𝐑𝐞𝐢; 𝐏𝛊́𝐥𝐮𝐥𝐚𝐬 𝐝𝐚𝐬 𝐂𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐟𝐞𝐬𝐨𝐫 𝐅𝐞𝐫𝐧𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐋𝐨𝐬𝐚𝐝𝐚 𝐞 𝐎 𝐜𝐨𝐫𝐩𝐨 𝐟𝐚𝐥𝐚 , 𝐝𝐞 𝐃𝐚𝐧𝐢 𝐈𝐫𝐢𝐦𝐢𝐚. Ademais quero aplaudir o gran traballo do especial de cada mes, o 𝐑𝐚𝐝𝐢𝐨 𝐒𝐚𝐮́𝐝𝐞 𝐁𝐮𝐫𝐞𝐥𝐚.
Agora toca descansar e recargar enerxías.
𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐞𝐧 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 𝐜𝐨𝐧 𝐧𝐨𝐯𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚𝐬, 𝐧𝐨𝐯𝐚𝐬 𝐡𝐢𝐬𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚𝐬 𝐞 𝐚 𝐦𝐞𝐬𝐦𝐚 𝐢𝐥𝐮𝐬𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞. 𝐁𝐨𝐚𝐬 𝐞 𝐦𝐞𝐫𝐞𝐜𝐢𝐝𝐚𝐬 𝐯𝐚𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐭𝐨𝐝𝐚𝐬 𝐞 𝐭𝐨𝐝𝐨𝐬ⵑ
Firmada: Lucía Rivas - Fotógrafa de Proxecto Neo en Fotos.