Cris Grande Fotografía e Vídeo

Cris Grande Fotografía e Vídeo Son Cris Grande, fotógrafa e videógrafa do Val Miñor.

Nesta ocasión tocou unha entrevista sobre emigración. A historia de Carmen de Chandebrito, que con 19 anos marchou para ...
09/04/2026

Nesta ocasión tocou unha entrevista sobre emigración.
A historia de Carmen de Chandebrito, que con 19 anos marchou para Uruguai na procura de un futuro mellor.
A curta documental estrease este domingo ás 19:00h na praza do Lavadoiro Regueiro en Chandebrito. Alí nos vemos!❤️

A puntiño de coñecer a Lola ❤️
20/02/2026

A puntiño de coñecer a Lola ❤️

Mañá estamos de estrea! 🎥Curta documental "O mestre Antonio Roade"Cines Municipáis de Ramallosa18:00h.
05/02/2026

Mañá estamos de estrea! 🎥
Curta documental "O mestre Antonio Roade"
Cines Municipáis de Ramallosa
18:00h.

‼️📽️O Concello de Nigrán estrea este venres 6 de febreiro ás 18:00 horas no Cine Municipal da Ramallosa a curta documental 'O mestre Antonio Roade', encadrado na iniciativa municipal 'Nigrán na memoria'. Deste xeito, a entrevista realizada por Cris Grande a Antonio González Roade, profesor retirado de 90 anos, pasará a engrosar o Arquivo Histórico Audiovisual de Nigrán xunto coas realizadas a mulleres nigranesas representantes de oficios desaparecidos (a muiñeira Rosa 'de Malde', a redeira Rosalía González e a campaneira Esther Nande) ou a reportaxe sobre o rehabilitado muíño de Porto do Molle.

🧑🏻‍🏫O obxectivo do Concello, neste caso, é poder retratar en boca do mestre veterano do municipio o sistema educativo de posguerra, con clases saturadas de estudiantes, sin segregar por idades, con escasísimos recursos e cun método docente antagónico ao do día de hoxe. A entrada é de balde ata completar o aforo e a duración da curta é de 36 minutos, tras a cal se establecerá un coloquio co protagonista, Antonio González Roade, coñecido polo seu alumnado como 'Antonio Roade'. “

Laura & Álvaro. 💍Un día máxico nun pazo con alma galega entre xente chegada de moitos lugares.📷🍂🌿
10/10/2025

Laura & Álvaro. 💍
Un día máxico nun pazo con alma galega entre xente chegada de moitos lugares.📷🍂🌿

Arrincando pouco a pouco despois de 5 meses de baixa por maternidade, como non con unhas fotiños desta nena tan resalá😜📸...
18/09/2025

Arrincando pouco a pouco despois de 5 meses de baixa por maternidade, como non con unhas fotiños desta nena tan resalá😜📸
Dispoño de moi poucas horas e só podo aceptar proxectos puntuais de foto e vídeo que se axusten a esta nova etapa.
Agradezo moito a comprensión 💛
Se todo vai segundo o previsto, abriremos axenda para as sesións de Nadal 🎄

Deséxovos moi felices festas e un ano cheiño de cousas boas para todos e todas.☺️🎄Por aquí seguiremos cas sesións fotogr...
23/12/2024

Deséxovos moi felices festas e un ano cheiño de cousas boas para todos e todas.☺️🎄
Por aquí seguiremos cas sesións fotográficas ata Reis, así que aínda estades a tempo de facer a vosa. A cabaniña do bosque resiste!🐿️

Abrimos tempada Sesións fotográficas Nadal 2024 🐿️
05/11/2024

Abrimos tempada Sesións fotográficas Nadal 2024 🐿️

Dirección

Rúa Porta Do Sol, Nº43 Baixo
Bayona
36393

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cris Grande Fotografía e Vídeo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Cris Grande Fotografía e Vídeo:

Compartir

Categoría