Coruña Cultura Medieval - Cocume

Coruña Cultura Medieval - Cocume Gustaríache coñecer o patrimonio oculto da cidade? Acompáñanos nesta viaxe!

  A Coruña tiña privilexios especiais para a produción e comercio de viño? Estes formarían parte da gran lista de benefi...
23/09/2024

A Coruña tiña privilexios especiais para a produción e comercio de viño? Estes formarían parte da gran lista de beneficios que a cidade recibiu ao longo da Idade Media por parte da monarquía, coa fin de potenciar a actividade económica dun dos portos máis importantes do reino.

🍷 No século XIV o rei Alfonso XI establece que o viño dirixido a Betanzos debe ser descargado no porto da Coruña, cos pagos que isto implicaba para a cidade. Esta non é a única ocasión que a monarquía favorece á Coruña sobre Betanzos, sendo motivo de confrontación entre ambas as localidades.

🚫 Máis tarde, no ano 1396, prohíbese a entrada de viño foráneo na Coruña mentres quede viño local na cidade, potenciando a produción de viño no barrio de Elviña.

Coñecíades este feito? Comentádenos!

  Rematamos esta sección cunha serie de curiosidades en relación co Camiño Inglés.🧔 Xa que nesta sección sempre falamos ...
19/09/2024

Rematamos esta sección cunha serie de curiosidades en relación co Camiño Inglés.

🧔 Xa que nesta sección sempre falamos dun peregrino, hoxe presentámosvos a Nicolás Bergsson, que no 1154 comezou a súa peregrinación dende Islandia ata Roma. Dentro desta peregrinación incluíu pasar por Santiago, converténdose na primeira persoa en realizar o Camiño Inglés dende Islandia.

🍀 Aínda que que non todo o mundo está de acordo en que esta ruta se chame “Camiño Inglés”. Os irlandeses avogan polo nome de “Camiño dos ingleses e dos irlandeses”, un nome que cren que recoñecería a achega de Irlanda a dita ruta.

👣 E por último, por se te animas a facer dita ruta dende A Coruña, aínda que son 73 km (non os 100 km mínimos que se piden) poderás conseguir a Compostela, sempre que acredites estar empadroado en dita cidade, anímaste?

  Hoxe o equipo dinamización de Cocume acabou a súa programación cultural cun proxecto moi especial: unha andaina mediev...
13/09/2024

Hoxe o equipo dinamización de Cocume acabou a súa programación cultural cun proxecto moi especial: unha andaina medieval polo Camiño Inglés.

🥾Á primeira hora da mañá, os corenta peregrinos foron recibidos por Don Manuel, párroco da igrexa do Burgo, e por Jose Ramón Rioboo e Mario Iglesias, alcalde e concelleiro de comercio e turismo do concello de Culleredo.

🌿 Cara ás nove da mañá, comezamos a nosa camiñata. Os recunchos e paisaxes que percorrimos non pasan desapercibidos, e cada paso foi unha ocasión para coñecer máis sobre o noso patrimonio e a nosa historia.

🚶‍♂️ Grazas a todos e todas os que participáchedes por unirvos e compartir connosco este día tan especial.

🙏 Por outra banda, a nosa programación anual chega xunto co programa de emprego “Unha ventá ao porto medieval da Coruña” do que formamos parte, ao seu fin, mais levamos connosco grandes lembranzas e o orgullo de ter posto en valor o noso patrimonio. Grazas por facelo posible!

💬 Se participáchedes, compartídenos as vosas experiencias e opinións!

  O pasado 6 de setembro visitamos a exposición Reverberos de Berio Molina. Situada no interior da Torre de Hércules, es...
12/09/2024

O pasado 6 de setembro visitamos a exposición Reverberos de Berio Molina. Situada no interior da Torre de Hércules, esta proposta ofrécenos unha experiencia acústica 👂 inspirada na paisaxe sonora deste lugar.

A exposición consta de tres estruturas metálicas repartidas polas diferentes plantas da Torre, que tremen ao ser expostas a determinados sons 🔉 creando unha harmonía única.

Esta experiencia tan orixinal inspirounos a realizar un pequena actividade: un cadáver exquisito sonoro, que levounos a experimentar co son e liberar a creatividade.

Se queredes experimentar a obra de Berio Molina por vos mesmos tedes ata o 17 de outubro 📅 para reservar a vosa praza. A que esperades?

  A especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais presenta un caderno de pinta e co...
11/09/2024

A especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais presenta un caderno de pinta e colorea que transportará aos máis pequenos a un emocionante percorrido polo Camiño de Santiago Inglés e a A Coruña medieval. A través das súas páxinas, seguirán os pasos de William, un peregrino que emprende unha aventura dende A Coruña ata Santiago de Compostela.

🥾 Cada ilustración conta unha parte da súa historia, amosando os lugares máxicos polos que pasa: as antigas rúas coruñesas, as igrexas románicas, e as fermosas paisaxes que o acompañan na súa viaxe.

🎨 Acompañade a William nesta emocionante viaxe, dando cor a cada páxina e descubrindo a historia que se agocha tras cada lugar. Este caderno é moito máis que un pasatempo, é unha experiencia para descubrir a maxia do Camiño Inglés.

🛤 ¡Atrevédevos a vivir esta aventura e solicitádenos o caderno para encher de cor cada recuncho do camiño!

  ❗👣 Como moitos quedáchedes con ganas abrimos cinco últimas prazas para a andaina medieval. 🤔 Lembrade:📅 O trece de set...
10/09/2024



👣 Como moitos quedáchedes con ganas abrimos cinco últimas prazas para a andaina medieval.

🤔 Lembrade:

📅 O trece de setembro ás oito e media da mañá na Igrexa do Burgo.

🚌 Disporedes de autobús de volta con parada no Burgo e na Coruña.

✍️ Para apuntarvos cubride o seguinte formulario: https://forms.gle/tDLEvrXGVirwMVyp8

E só queda que traiades calzado cómodo e ganas de andar connosco!

  A Coruña foi unha cidade portuguesa? 🇵🇹 Todo comezou no ano 1369, co asasinato do rei Pedro I de Castela a mans do seu...
09/09/2024

A Coruña foi unha cidade portuguesa? 🇵🇹 Todo comezou no ano 1369, co asasinato do rei Pedro I de Castela a mans do seu medio irmán Enrique II coa fin de arrebatarlle o trono. O monarca portugués Fernando I o Fermoso [crown] aproveita esta situación para invadir o reino veciño, alegando o seu dereito ao trono por ser bisneto de Sancho IV de Castela.

Á súa chegada á Coruña, Fernando I foi moi ben recibido pola poboación, aceptándoo como o seu novo rei. A cambio outorgou á cidade unha serie de privilexios, coma o dereito a acuñar moeda portuguesa 🪙.

Esta situación non dura moito tempo. O exército de Enrique II consegue expulsar ás forzas do monarca invasor ⚔️, e finalmente fírmase a paz en 1373.

  Neste mes, queremos recomendarvos unha xoia literaria que nos leva a través da fascinante historia do porto da nosa ci...
05/09/2024

Neste mes, queremos recomendarvos unha xoia literaria que nos leva a través da fascinante historia do porto da nosa cidade: "Historia del puerto de La Coruña" de José Antonio Parrilla García.

📚 Este libro mergúllanos nos segredos, evolución e anécdotas do porto coruñés, un punto vital de comercio e cultura ao longo dos séculos. Parrilla García, cunha investigación meticulosa e un relato envolvente, logra transportarnos a distintas épocas, revelándonos a importancia estratéxica e o impacto económico e social deste lugar emblemático.

⏳ Dende os tempos romanos ata a modernidade, descubriremos as transformacións, as personaxes e os eventos que marcaron a historia do porto. Unha lectura imprescindible para todos os amantes da historia e da nosa cidade!

💬 Non deixedes pasar a oportunidade de mergullarvos na rica historia do noso porto. Conseguide este libro, gozade da súa lectura e compartídenos as vosas impresións!

04/09/2024

Seguimos fotogrametriando as pezas arqueolóxicas que se atoparon ao longo dos anos na cidade da Coruña.

Nesta ocasión as laudas foron recheas mediante diferentes sofwares na parte traseira das mesmas.

Aquí deixámosvos outra pequena mostra do traballo.👇

Lauda trapezoidal con inscrición ao longo dunha banda perimetral. Procede do cemiterio da igrexa románica do Espiritu Santo da Coruña.

Lauda de formato rectangular dun zoqueiro chamado Iohannes. Procede da Igrexa de San Francisco - A Coruña.

Lauda rectangular que presenta un cordón franciscano no campo central que envolve unha vieira. Procede do Convento de San Francisco - A Coruña.

Todas estas pezas pódense atopar no Castelo de San Antón, A Coruña. 🏰

  O pasado 23 de agosto tivemos a oportunidade de repetir saída a unha das cidades máis fermosas de Galicia: Santiago de...
03/09/2024

O pasado 23 de agosto tivemos a oportunidade de repetir saída a unha das cidades máis fermosas de Galicia: Santiago de Compostela.

⛵️Na primeira visita puidemos coñecer a incrible exposición “Tesouros reais” na Cidade da Cultura, e nesta ocasión fixemos a visita guiada da nova proposta do mesmo espazo “Unha vida vikinga”. Se quedes ver algún spoiler, tedes xa o noso vídeo nas redes.

🥾Despois achegámonos á Cidade Vella para pasear, perdernos polas súas rúas e facer outra visita guiada, neste caso, ao Museo de Peregrinacións, situado na praza de Platerias.

📸Aqui deixámosvos algunhas das instantáneas que nos deixou o día!

🤔Cal é o voso lugar favorito de Compostela?

Bos días! Hoxe traémos una nova moi interesante 👇Todos os venres deste mes de setembro, o Castelo de San Antón terá a vo...
02/09/2024

Bos días!

Hoxe traémos una nova moi interesante 👇

Todos os venres deste mes de setembro, o Castelo de San Antón terá a vosa disposición unha pantalla na que se poderá apreciar moitas das pezas do museo de maneira dixitalizada.

Non dudes en vir velas 🧐

Esperámoste no Castelo! 🏰

Dirección

EStrada Os Fortes 16
A Coruña
15011

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Coruña Cultura Medieval - Cocume publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Coruña Cultura Medieval - Cocume:

Compartir