11/06/2026
TRANQUILOS, AÍNDA QUEDAN NENAS E NENOS TRABALLANDO E CANTANDO NAS NOSAS RÚAS.
Esta semana estou gravando un vídeo para a Asociación Cultural da Alfombra Floral Rafael Calleja, que están traballando arreo para confeccionar a alfombra para a procesión deste domingo.
A pesar de que esta tradición se estaba perdendo, os máis mozos decidiron retomala para que os seus fillos poidan vivir o que viviron eles de pequenos: estes momentos de unión entre veciños, traballo en equipo, transmisión de coñecementos de xeración en xeración, sociabilización, entretemento... En definitiva: facer comunidade.
Noraboa á nova asociación por recuperar unha parte fundamental da identidade do noso pobo.
E aos demais... non sei se recomendarvos ir o domingo á procesión ou pasarvos estes días pola rúa para ver como rapaciños e maiores traballan xuntos na alfombra, mentres contan contos e cantan. Pura maxia.
P.D: Segundo os resultados da miña busca, a cantiga que cantan os rapaces chámase «O Merlo».