A&B Comunicación e Deseño

Página web Contactar con la empresa

A&B Comunicación e Deseño A&B é comunicación, deseño e creatividade
A&B somos Ainhoa e Blanca

Hoxe estamos de aniversario! ❤️13 anos!Hai trece anos non sabiamos como ía ser o noso futuro profesional. Agora tampouco...
04/11/2026

Hoxe estamos de aniversario! ❤️
13 anos!

Hai trece anos non sabiamos como ía ser o noso futuro profesional. Agora tampouco ;)
En parte, sentimos que estamos nun punto de partida diario, nun mundo cambiante que nos obriga a reinventarnos constantemente. Probablemente, queden aínda moitos puntos de partida, moitos retos, ideas e camiños por descubrir. Pero hai algo que temos claro: o que fagamos, farémolo xuntas.

Grazas a todas/os as que cada día confiades en nós ❤️

28/04/2026

Bueno, semella que o vídeo que preparamos para a nosa campaña de comunicación funcionou moi ben e inda que se nos vexa moi soltas e naturais (que o somos) todo leva un traballo. Deixámosvos un consello: confiade no proceso SEMPRE.
Grazas ao apoio incondicional do becario

22/04/2026

Foto, vídeo, redes, prensa, campañas…

Agora, todo nun só equipo.

Ti céntrate no festival. Nós encargámonos do resto 😉
A&B ❤️

#

23/03/2026

Hoxe visitamos o Galicia W**e Taste para coñecer moitas adegas interesantes e falarlles un pouco do noso traballo. Xa sabedes que sempre nos apaixonou a cultura do viño así que non podíamos deixar pasar a ocasión (e de paso facer unhas cantas catas).
🍷

18/03/2026

Hai costumes que nunca se deberían perder: abrir unha botella de bo viño e compartila en familia. 🍷

Dende hai uns días estamos traballando coa nova adega Figurella | | na creación de contido e na xestión das súas redes sociais. Encántanos formar parte de proxectos que nacen con tanta ilusión e froito da amizade. Figurella ven da man de Cristian, de .gastrobar, e dous dos seus amigos. Aos tres queremos agradecerlle a súa confianza nun proxecto tan persoal.

Moita sorte nesta nova etapa… e que non falten brindes!

Precisas axuda coa creación de contido ou a xestión das túas redes? Falamos? 😉

marketinggastronomico onosotraballo auriga

27/01/2026

Compartimos un recordo moi especial do 2025: o vídeo do 8M creado para o Concello de Toén . Unha peza feita para visibilizar a forza, a presenza e o talento das mulleres.

Para o vídeo tivemos un reparto de luxo formado por veciñas do Concello, ás que queremos saudar e enviar un forte abrazo dende O Ribeiro🫂

22/01/2026

Este pasado mes de decembro estivemos traballando no vídeo de Nadal de 🎄, no que, ademais de guión, cámaras e luces, puxemos un chisco de figuración 🙃. Entre risas e momentos moi doces, descubrimos que parar un intre e deixarse levar pola calma tamén forma parte do noso traballo.

O proxecto veu da man de David, de Arela Comunicación Sostible, con quen levamos anos colaborando e creando historias con sentido.

17/01/2026

🌿 Coidar o que visitamos: turismo respectuoso na Rede Natura 2000

En marzo de 2025 estivemos traballando da man do equipo de 🌍❤️ na creación dunha serie de pequenos vídeos para o Concello de Parada de Sil. Estes vídeos serven de apoio á Guía das boas prácticas na natureza na Rede Natura 2000 de Parada de Sil, creada tamén por eles.

Unha xornada de gravación nun fermoso día de primavera no Canón do Sil serviu para poñer en valor a importancia de g***r do territorio con respecto, coidado e responsabilidade.

O resultado son varias pezas audiovisuais centradas en boas prácticas para diferentes formas de visita, co obxectivo de promover un turismo sostible nun espazo único incluído na Rede Natura 2000.

Aquí podedes ver o vídeo creado para falar das visitas en cicloturismo; se queredes ver os outros tres, atoparédelos na nosa canle de YouTube 🎬

Esperamos que entre todas as responsabilidades, os nosos traballos, aficións e, en definitiva, o ritmo frenético da vida...
23/12/2025

Esperamos que entre todas as responsabilidades, os nosos traballos, aficións e, en definitiva, o ritmo frenético da vida, atopemos o tempo para ser desfrutonas este Nadal 🥂🎄
Moi boas festas a todas e todos!

Ainhoa e Blanca 💜

26/09/2025

🎬 Que sería da cultura sen persoas que a organizan, a coidan e a proxectan cara ao futuro?

Este vídeo quixemos facelo como unha xanela aberta a ese mundo: o da xestión cultural, un ámbito diverso, creativo e necesario, que hoxe estudan as novas xeracións de profesionais na Facultade de Humanidades da USC en Lugo.

Un proxecto que chega da man de , cómplices con quen compartimos ilusión, ideas e maneiras de entender a comunicación. 🙌 Grazas, David e Ana, por confiar de novo en nós.

A verdade… facéndoo déronnos ganas de volver ás aulas e seguir aprendendo desta profesión tan apaixonante 💡

Dirección

Ribadavia, Ourense, Galiza
Ribadavia

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A&B Comunicación e Deseño publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a A&B Comunicación e Deseño:

Atajos

Compartir